HP estrea unha serie para concienciar do uso de impresoras inseguras

mércores, 15 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

As cadeas sempre rachan polo elo máis fraco, e aínda que na seguridade informática normalmente é o elemento humano o que provoca máis problemas, dende HP queren concienciar do feito de que nas redes corporativas tendemos a esquecer aos equipos que non son ordenadores como potenciais ameazas á seguridade da empresa, cando un ciberataque pode chegar incluso poden aproveitarse as propias impresoras de uso compartido na oficina.
Para divulgar esta mensaxe dende HP Studios veñen de estrear a serie The Wolf, protagonizada polo actor Christian Slater (moi asociado ao mundo tecnolóxico pola súa participación na serie Mr. Robot) na que podemos ver como este personaxe vai lanzando ataques a todos os niveis dunha empresa para dar conta de que a seguridade debe ser unha preocupación de todos.
Slater comentou que «os ciberataques son un problema serio e crecente para as empresas e os consumidores. Cando HP pediume que participara nesta serie pensen que era unha grande oportunidade para axudar a educara ao público sobre como protexerse mellor contra os ataques cibernéticos» ao que Antonio Lucio (HP) engade que «a medida que o universo de dispositivos conectados medra exponencialmente, tamén aumenta a sofisticación e a magnitude dos ataques cibernéticos.
Asegurar os dispositivos, os datos e as identidades é un imperativo para que se siga confiando na tecnoloxía e con quen e con que elixirmo conectar», de aí que consideren importante salientar o rol que xoga HP Secure, que non só protexe a impresora, senón que tamén garante a seguridade de toda a rede cun servizo de detección de ameazas en tempo real, a supervisión automatizada e a validación do software integrado a un nivel que ningún outro fabricante de impresoras ofrece a día de hoxe.

The Wolf, produción en vídeo que expón o risco que supoñen as impresoras inseguras na empresa

PUBLICIDADE