As canles de WhatsApp terán que someterse á Lei de Servizos Dixitais
martes, 18 de febreiro do 2025
AÃnda que WhatsApp teña como principal función a mensaxerÃa privada, dende hai tempo conta con canle, que permiten servir para a difusión informativa unidireccional dun xeito respectuoso coa privacidade (en contraste cos grupos, que expoñen a identidade dos participantes) e Meta vén de remitir á Comisión Europea, no marco da Lei de Servizos Dixitais (DSA) un informe asegurando que no segundo semestre de 2024 as canles de WhatsApp tiveron 46,8 millóns de usuarios activos ao mes. Iso significa que as canles de WhatsApp superan a barreira fixada para ter que someterse á Lei de Servizos Dixitais, ou sexa, que en breve pasarán a recoñecerse oficialmente como unha plataforma en liña de moi grande tamaño, tendo que someterse a maiores controis en Europa e achegar máis opcións aos consumidores para controlar a súa relación coa plataforma e para poder denunciar contidos ilegais.
AÃnda que ter máis responsabilidades en Europa pode resultar molesto, estamos realmente ante unha grande nova para Meta, pois constata o éxito das canles de WhatsApp como sistema de comunicación para marcas, empresas e celebridades.