As carcasas solares de Star-T Case, premiadas polo Concello de VilagarcÃa
luns, 11 de setembro do 2017
Os
dÃas pasados o Concello
de VilagarcÃa fixo entrega dos seus Premios de Emprendemento
(Emprende VGA 2017), unha iniciativa dirixida a alentar o
espÃrito creativo e innovador en relación coa nova actividade
empresarial. O palmarés tivo un claro alicerce TIC. De feito, o
galardón Mellor Iniciativa Empresarial foi dar ao proxecto local Star-T
Case, unha iniciativa de desenvolvemento de novas tecnoloxÃas
baseada no deseño e comercialización de carcasas solares de
teléfono móbil que actúan como cargador das baterÃas. Star-T Case
é unha nova proposta empresarial posta en marcha por Diego Riveiro.
Na súa web especÃfica, star-tcase.com,
podemos ver todo o relativo a estes enxeños e os diferentes modelos
dispoñÃbeis e mesmo tirarlle proveito á tenda en liña.
Polo
que respecta ao resto das novas firmas distinguidas, o premio á
Actividade Comercial máis Innovadora foi para Galo Galego, posta en
marcha por dolores Ramos e consistindo na creación dunha granxa
artesá e un horto ecolóxico para producir e comercializar os
produtos e tamén para a realización de actividades didácticas.
Por
último, North West é un proxecto de turismo formativo que se centra
en traer á VilagarcÃa e a súa zona a estudantes e xente nova de
Irlanda e Gran Bretaña co obxectivo complementario de aprender
español á vez que coñecen a rÃa e a cultura marÃtima arousá e
practican actividades náuticas.
Os
premios convocados polo Concello de VilagarcÃa están dotados cunha
bolsa económica de 3.000 euros para cada proxecto, co obxecto de
contribuÃr aos gastos iniciais para a súa posta en marcha, asÃ
como de tres meses de formación especÃfica para cada un deles (a
impartir no Coworking DallequeDalle por mentores especializados nas
respectivas materias que abordan os proxectos). A formación e
asesoramento comezará o 15 de setembro. A demais, o Concello
promoverá e divulgará as iniciativas gañadoras desta primeira
edición dos premios promovidos pola ConcellerÃa de Promoción
Económica e Emprego que dirixe Juan Antonio Pérez Callón.