As chamadas de voz e vÃdeo chegan a X/Twitter para Android
venres, 19 de xaneiro do 2024
- As chamadas de voz e vÃdeo poden desactivarse na configuración de seguridade e privacidade de X/Twitter
Nas últimas horas a aplicación de X/Twitter para Android iniciou a activación dunha funcionalidade que xa estaba dispoñible para iOS dende outubro, polo que podemos considerar que xa está completa a súa implantación: a posibilidade de realizar chamadas de voz e vÃdeo.
Esta nova prestación, está limitada inicialmente aos usuarios de pagamento, e pese a que dende a plataforma o anuncian como un grande avance, non parece estar a ser ben recibida por parte dos usuarios, que ao ver que chegaba a prestación están a correr a explicar aos seus coñecidos como desactivala (na configuración de privacidade e seguridade está agochada dentro do apartado de mensaxes directas) pois o normal é non querer un xeito máis de ser interrompido por métodos de comunicación intrusivos.
Cómpre salientar que X/Twitter está a configuración de xeito predeterminado algunhas das novas opcións de privacidade e seguridade para favorecer aos usuarios de pagamento, que en moitas ocasións corresponden a bots e contas empregadas para calotes, polo que o último que queren os usuarios é un xeito máis de padecer as comunicacións de indesexables.