As consolas Evercade adoptan a forma de máquinas recreativas
xoves, 30 de maio do 2024
Para gozar de xogos retro existen numerosas proposta no mercado, pero unha que está a chamar bastante a atención polo feito de xirar ao redor de cartuchos con xogos con licenza oficial é a de Evercade, que xa achegou diferentes formatos de consola de videoxogos, e que agora sorprende coa Evercade Alpha, que adopta a forma de máquina recreativa (de escritorio).
Esta primeira recreativa bartop de Evercade chegará ao mercado a un prezo de 229,99 euros en dúas versións unha de Street Fighter (cos xogos Street Fighter II Champion Edition, Super Street Fighter II Turbo, Super Puzzle Fighter II Turbo, Street Fighter Alpha – Warriors Dreams, Street Fighter Alpha 2 e Street Fighter Alpha 3 precargados) e outra de Mega Man (cos xogos Mega Man – The Power Battle, Megan Man 2 – The Power Fighters, Carrier Air Wing, Final Fight, Knights of the Round e Strider).
Aparte dos xogos integrados nas máquinas, o novo sistema tamén é compatible cos cartuchos Evercade, que actualmente achegan máis de 500 xogos altamente coleccionables, xa que trátase de tÃtulos distribuÃdos en formato fÃsico, fuxindo das destacas e das tendas dixitais.
A Evercade Alpha integra mandos propios de máquina recreativa, aÃnda que para un único xogador, de xeito que para gozar do multixogador local hai que tirar proveito dos seus 2 portos USB frontais, aos que poder conectar mandos de distinto tipo (entre os que destacan o Evercade VS ou o VS-R).
Cómpre indicar que esta pequena recreativa é bastante compacta, xa que a súa pantalla IPS en relación de aspecto 4:3 é de só 8 polgadas. Conta tamén con altofalantes estéreo, toma para auriculares e alimentación por USB-C. Con este formato o que busca é que poida ter de xeito doado un espazo en calquera fogar.
VÃdeo promocional da Evercade Alpha