As consolas Xbox Series X|S estrean soporte de Dolby Vision Atmos en xogos

venres, 14 de maio do 2021 Marcus Fernández

As consolas Xbox Series X|S non só están a demostrar coa súa potencia que son auténticas máquinas de nova xeración, e afondando na excelencia comezan hoxe a recibir Dolby Vision Atmos para xogos, de xeito que serían as primeiras consolas en gozar deste selo que suma a tecnoloxía de alto rango dinámico Dolby Vision co son envolvente de Dolby Atmos en contidos interactivos (e non só na reprodución de contidos audiovisuais).
Destes tecnoloxías a PlayStation 5 só soporta Dolby Atmos para contidos audiovisuais, carecendo totalmente de Dolby Vision, ou sexa que o seu soporte de imaxes con alto contraste dinámico limítase ao HDR10, o estándar de HDR máis básico.
O grande salto que están a dar as novas consolas de Microsoft comeza a chegar aos usuarios do programa Xbox Insiders esta mesma semana, para así poder probar tal prestación antes de achegala a todas a consolas Xbox Series X|S na vindeira actualización de sistema. Esta prestación agradecerana especialmente os usuarios que conten con televisores de última xeración, conseguindo imaxes máis realistas e impactantes, tanto en vídeo como en xogos.

PUBLICIDADE