As consolas domésticas de Sony reciben a aplicación oficial de Vevo

mércores, 15 de abril do 2015 Marcus Fernández

Moitos artistas internacionais teñen cedida a xestión dos seus vídeos musicais a través de plataformas dixitais a Vevo, o que facilita o control de reproducións á vez que recolle unha serie de contidos oficiais de calidade, o que agradecerán a partires de hoxe os usuarios de PlayStation 3 e PlayStation 4, que xa poden instalar nas súas consolas a aplicación oficial de Vevo dende varios países entre os que figura España, facilitando así o acceso a milleiros de vídeos musicais e actuacións orixinais debidamente clasificados para que poidamos filtrar a música por artista e por xénero.
A nova aplicación tamén conta cunha selección de recomendacións que farán doado que atopar contidos semellantes ao que vemos nun momento determinado. Amais, a aplicación amosa os vídeos en alta definición e tamén permite a creación e edición de listaxes de reprodución que poderemos sincronizar co resto de aplicacións de Vevo que teñamos en dispositivos conectados.

A aplicación de Vevo é un excelente xeito de reproducir vídeos musicais en alta definición a través da PS3 e a PS4

PUBLICIDADE