As consolas portátiles ROG Xbox Ally xa poden reservarse
venres, 26 de setembro do 2025
O 16 de outubro chegarán ás tendas de máis de trinta paÃses, entre eles España, as novas consolas portátiles ROG Xbox Ally e ROG Xbox Ally X, resultado da colaboración entre Asus e Microsoft. Estes dispositivos buscan ofrecer unha experiencia Xbox Ãntegra no peto, con acceso a bibliotecas de xogos de Xbox, Game Pass e outras tendas como Battle.net ou Steam.
A aposta é clara: levar a consola a calquera escenario, xa sexa a través de xogos instalados localmente, retransmisión en remoto desde unha Xbox doméstica ou execución vÃa nube mediante Xbox Cloud Gaming. Grazas a Xbox Play Anywhere, máis dun milleiro de tÃtulos poden xogarse indistintamente en consola, PC e agora nestes portátiles, mantendo progreso e logros sincronizados.
Dúas versións para distintos perfÃs
O modelo estándar, ROG Xbox Ally, incorpora o procesador AMD Ryzen Z2 A, deseñado para equilibrar rendemento e consumo enerxético, de xeito que se poida alongar a autonomÃa sen sacrificar fluidez. O seu prezo de venda recomendado é de 599 euros.
Pola súa parte, a ROG Xbox Ally X apunta a usuarios máis esixentes: 1 TB de almacenamento interno, 24 GB de RAM LPDDR5X, baterÃa de 80 Wh e gatillos con resposta háptica. No seu interior atópase o procesador AMD Ryzen AI Z2 Extreme, acompañado dunha unidade de procesamento neuronal (NPU) que permitirá activar funcións de intelixencia artificial a partir de 2026. Entre elas destacan o Auto SR (escalado automático de resolución sen intervención dos desenvolvedores) ou a xeración de clips automáticos cos mellores momentos das partidas. O seu prezo de venda recomendado é de 899 euros.
Prestacións comúns
Ambos modelos arrancan cunha interface de Xbox a pantalla completa, optimizada sobre Windows 11 para reservar máis recursos ao xogo reducindo procesos en segundo plano. Un botón dedicado abre unha versión mellorada da Game Bar, que facilita acceder á biblioteca, lanzar ou pechar xogos, conversar con amigos ou entrar no software Armoury Crate SE de Asus.
Ambas máquinas portátiles presentan un deseño ergonómico con agarres inspirados en mandos de consola, pensados para sesións longas de xogo. Incorporan ademais un sistema de biblioteca unificada que centraliza os tÃtulos dispoñibles en Xbox, Game Pass e tendas de PC, e virán acompañados de tres meses de Xbox Game Pass de balde.
A nivel de compatibilidade, Microsoft puxo en marcha o programa Handheld Compatibility Program, que distingue os tÃtulos listos para xogarse en portátiles con etiquetas Handheld Optimized (adaptación completa en control, iconografÃa, resolución e interface) ou Mostly Compatible (precisan só axustes menores). Este sistema permitirá aos usuarios identificar rapidamente que xogos ofrecen mellor rendemento, acompañado dun indicador de axuste de rendemento en Windows.
Con melloras por chegar
Ademais das prestacións dispoñibles no lanzamento, tanto a Ally como a Ally X recibirán actualizacións periódicas que incorporarán melloras técnicas como advanced shader delivery, unha función que pre-carga shaders durante a descarga dun xogo para reducir ata dez veces o tempo de inicio e mellorar a eficiencia enerxética na primeira partida.
Tamén se traballa en novas funcións de IA ligadas á NPU do Ally X, asà como na optimización da experiencia en pantallas grandes grazas a bases de conexión. A isto súmase unha gama de accesorios deseñados para o ecosistema, como o mando ROG Raikiri II Xbox Wireless Controller, que chegará este Nadal con polling rate de 1000 Hz en PC, joysticks anti-drift e gatillos de dobre modo.
VÃdeo promocinal da apertura de reserva das novas consolas portátiles froito da colaboración entre Asus e Microsoft
