As contas da Coruña inclúen máis de 4 millóns para dinamizar a Cidade das TIC
venres, 2 de xaneiro do 2026
Máis investimentos nos barrios, reforzo dos servizos públicos e un novo pulo ás polÃticas de benestar social, vivenda e mobilidade sostible vertebran os Orzamentos Municipais 2026 na Coruña, que foron aprobados inicialmente este 30 de decembro no pleno do Concello da Coruña. Ademais, as contas revén partidas clave para proxectos fundamentais no futuro da cidade, como por exemplo a Cidade das TIC, antiga Fábrica de Armas da Coruña hoxe convertida un polo de innovación e emprendemento referencial no ámbito das novas ferramentas.
Segundo foi acordado, a Cidade das TIC contará cun investimento de máis de 4 millóns de euros a través do convenio subscrito coa UDC e outras actuacións colaborativas. Ademais, no próximo exercicio incorporarase tamén unha dotación especÃfica para elaborar un Plan Director para a Cidade das TIC, que deberá estar rematado antes do ano 2026, e que axudará a definir as liñas de acción a medio e longo prazo neste novo polo tecnolóxico e de innovación en Pedralonga.
Ademais, os orzamentos do 2026 tamén recollen fondos para impulsar o Plan Estratéxico da Coruña 2030-2050, asà como as partidas necesarias para dar continuidade ao proxecto Coruña MarÃtima, ao abeiro da transformación progresiva da fachada portuaria, que avanza agora coa despedida de Repsol aos peiraos de San Diego. Inclúese tamén o acceso ao Novo CHUAC.
A maiores, impulsaranse os equipamentos públicos, mellorando os xa existentes e construÃndo outros novos, cunha partida de 18,6 millóns que permitirá rehabilitar o edificio A Terraza de Méndez Núñez, acometer o proxecto de renovación do Fórum Metropolitano, as novas dependencias municipais na fábrica de Tabacos, as novas bibliotecas e aulas dixitais de Palavea e Novo Mesoiro, o futuro espazo multiusos da Bágoa de San Roque, a segunda fase do parque do Observatorio e costear as achegas do Concello para construÃr o novo centro de saúde de Santa LucÃa.
