As dúas primeiras entregas de Final Fantasy chegan ao iPhone

venres, 26 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A pouco máis dunha semana do lanzamento en España do novo Final Fantasy XIII para Xbox 360 e PlayStation 3, chega para iPhone e iPod Touch os xogos Final Fantasy e Final Fantasy II, que saíran no Xapón nos anos 1987 e 1988 respectivamente a un prezo de 6,99 euros, o que sorprende por ser moito máis elevado do habitual nos terminais de Apple, onde o normal é que os xogos custen menos de 3 euros.
O primeiro Final Fantasy inclúe os 5 alxubes adicionais que chegaran nas reedicións Soul of Chaos e Labyrinth of Time, mentres que ao Final Fantasy II incorpóranselle os 5 alxubes adicionais as reedicións Soul of Rebirth e Arcane Labyrinth.
Cómpre lembrar que estas entregas da popular saga pasaron por multitude de plataformas como a NES, MSX2, Game Boy Advance, PSP e a consola virtual de Nintendo, polo que serve coma perfecto exemplo de que os clásicos resístense a morrer.

PUBLICIDADE