As empresas de Boiro coñecen as vantaxes de transformación e de competitividade do Kit Dixital
venres, 26 de abril do 2024
Na tarde deste xoves 26 de abril celebrouse na aula multimedia da patronal boirense (ABE) un obardoiro informativo sobre o Kit Dixital, una iniciativa do Goberno de España que ten como obxectivo subvencionar a implantación de solucións dixitais para conseguir un avance significativo no nivel de madurez dixital das empresas.
O taller foi organizado pola Oficina AceleraPEME da Coruña que ademais de encargarse da información e difusión do Kit ofrece as empresas servizos gratuítos de apoio e asesoramento en transformación dixital. No decurso da actividade formativa explicáronse polo miúdo as diferentes convocatorias, condicións de acceso e todo os produtos dixitais que son susceptíbeis de axuda que van dende a web, comercio electrónico, xestión de redes sociais, programas de xestión ou loxística e crm entre outros.
Esta xa é a segunda colaboración entre a Asociación Boirense de Empresarios e a oficina que segundo lembra a patronal está a disposición dos socios para asesoralos en “calquera tema relacionado coas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación)”.
En canto ao Kit Dixital, a ABE realizou dende o inicio do programa en 2022 un intenso labor de información e difusión con 11 circulares informativas enviadas, 2 charlas informativas e numerosos post en redes sociais que se traduciron en 68 asesoramentos personalizados, 25 auto diagnósticos de madurez dixital e 17 solicitudes de axudas, das cales concedéronse o 100% cun importe medio de 2.500€ por expediente.