As empresas de Boiro organizan un almorzo formativo para impulsar a dixitalización
luns, 2 de xuño do 2025
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrará o vindeiro xoves 5 de xuño, de 9:00 a 10:00 horas, un novo almorzo formativo baixo o tÃtulo O pequeno debe soñar sempre en grande. Compite na era da transformación dixital cunha estratexia sólida para o teu modelo de negocio. A cita será na sede da entidade boirense, no número 85 da avenida da Constitución, e está dirixida a persoas empresarias, autónomas e profesionais que queiran mellorar a súa competitividade na contorna dixital.
A formación estará a cargo de Cristian Guito, especialista en estratexia dixital para pequenos negocios, que abordará os principais piares dunha presenza online efectiva: coñecemento do modelo de negocio e do cliente ideal, construción dunha identidade dixital profesional, aplicación de técnicas para destacar fronte á competencia e ferramentas para medir resultados e mellorar continuamente.
Esta nova sesión enmárcase dentro do ciclo de almorzos formativos da ABE, que combinan contido práctico, espazo de networking e un formato ameno adaptado ao ritmo das pequenas empresas. Ao remate da formación, as persoas asistentes poderán compartir un almorzo e intercambiar experiencias co resto de participantes.
As prazas son limitadas e é preciso inscribirse previamente a través da web da ABE.
Contidos da xornada
Introdución: a oportunidade das pequenas empresas na era dixital.
Por que o posicionamento online é crucial para os pequenos negocios.
Piares dunha estratexia dixital sólida: coñecer o teu modelo de negocio e o teu cliente ideal, construÃr unha presenza online profesional, estratexias clave para destacar e como medir e axustar a estratexia.
Como adaptar a estratexia ao teu modelo de negocio.
Como superar barreiras comúns e manter a motivación.
Quenda de preguntas e respostas.