As entidades sociais terán un papel fundamental na elaboración da primeira Lei de violencia dixital
xoves, 13 de novembro do 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, subliñou que a Xunta contará coas entidades sociais na elaboración do texto da primeira Lei de Violencia e Acoso Dixital, actualmente en preparación, coa que se pretende establecer un marco normativo especÃfico para este tipo de violencia. Asà o indicou nas III Xornadas XurÃdicas da Federación pola Igualdade das Mulleres de Pontevedra (Femupo), nas que participou xunto ao delegado territorial, AgustÃn Reguera.
O encontro centrouse na protección da infancia fronte á violencia de xénero desde unha perspectiva dixital. Roberto Barba apuntou que nenos, adolescentes e mulleres son as principais vÃtimas neste ecosistema, e que, por este motivo, a Xunta impulsa unha Lei pioneira que tipificará estas condutas para garantir unha protección especÃfica.
Ademais, o director xeral lembrou que Galicia foi pioneira na loita contra a violencia de xénero mediante medidas integrais de protección e recuperación, e incidiu en que é prioritario reforzar as accións de sensibilización, prevención e detección, consideradas fundamentais para combater este problema.
