As etiquetas da Iniciativa de Xogos Accesibles xa están dispoñibles en todas as experiencias dixitais de Xbox

xoves, 10 de xullo do 2025 Redacción

Xbox anunciou a dispoñibilidade global das etiquetas da Iniciativa de Xogos Accesibles en todas as súas experiencias dixitais, incluíndo as tendas de consolas, PC, móbiles e web. O obxectivo é facilitar que os xogadores con discapacidade poidan identificar con maior claridade os títulos que se adaptan ás súas necesidades antes de mercalos.
Estas etiquetas foron presentadas por vez primeira en marzo de 2025 e ofrecen información detallada e coherente sobre as funcións de accesibilidade dispoñibles en cada videoxogo. O seu deseño contou coa colaboración de entidades e compañías clave da industria como a Entertainment Software Association (ESA), Electronic Arts, Google, Nintendo of America, Ubisoft e outros axentes do sector.
Segundo destacou Xbox, máis de 429 millóns de xogadores no mundo viven con algún tipo de discapacidade, polo que estas medidas buscan promover unha experiencia de xogo máis inclusiva e accesible para todos.

Xbox é unha das plataformas máis comprometidas coa accesibilidade