As finais europeas de Counter-Strike: Global Offensive poderanse seguir dende un cine galego

luns, 17 de agosto do 2015 Marcus Fernández

O fenómeno dos deportes electrónicos está a tomar unha grande dimensión audiovisual, e como mostra dixo, o vindeiro domingo ás 19:00 horas nos Yelmo Cines de Espacio Coruña será posible asistir a un evento moi especial: a retransmisión das finais da ESL One Cologne 2015: Counter-Strike en pantalla xigante, de xeito que poderase ver en directo o enfrontamento dos 2 mellores equipos de Europa do videoxogo Counter-Strike: Global Offensive. O equipo gañador accederá ao World Championship que se celebrará en outubro no Mercedes Benz Arena de Berlín.
Este tipo de evento busca xuntar a afeccionados aos deportes electrónicos, como un xeito de pór cara a outras persoas coas que se comparten afeccións, pretendendo en boa medida emular a asistencia a un encontro deportivo tradicional, e para enriquecer a experiencia a retransmisión contará con comentarios da youtuber Soe Gschwind-Penski Soembie (quen procurará facer a experiencia máis divertida e entretida), entrevistas cos xogadores e acceso ao backstage.

Vídeo promocional das finais europeas de Counter-Strike: Global Offensive

PUBLICIDADE