As gráficas nVIDIA RTX tiran cada vez máis proveito da IA
luns, 3 de xuño do 2024
A feira Computex está a servir este ano para presentar numerosas novidades tecnolóxicas que en grande parte xiran ao redor do fenómeno que supón actualmente a intelixencia artificial, do que están a tirar un grande proveito dende nVIDIA, compañÃa que aproveita o evento para anunciar moitas das súas innovacións e propostas de futuro.
No ámbito do consumo podemos salientar a presenza da división de GeForce de nVIDIA, dende a que propoñen o uso das tarxetas gráficas RTX para dotar de capacidades de IA aos ordenadores persoais. Deste xeito, os equipos equipados coa tecnoloxÃa de nVIDIA poderÃan gozar de solucións como Project G-Assist (que pode servir de axuda en xogos e aplicacións), a nova versión da tecnoloxÃa nVIDIA DLSS (que mellora a taxa de fotogramas e o trazado de raios nos videoxogos), a posibilidade de capturar vÃdeo en formato AV1 a 120 imaxes por segundo a través da versión de probas da aplicación de nVIDIA, a ferramenta nVIDIA RTX Remix (que permite modificar xogos clásicos creados con DirectX 8 e 9 para que tiren proveito das novas tecnoloxÃas gráficas), a integración de aceleración RTX para a IA xenerativa (que pode acelerar a creación en aplicacións como DaVinci Resolve ou permitir mellorar os vÃdeos de baixa calidade no reprodutor VLC), e a constatación de que están a colaborar con Microsoft para que este mesmo ano as gráficas de nVIDIA poidan acelerar os pequenos modelos de linguaxe e integrarse no Windows Copilot Runtime (ou sexa, que non serÃa preciso adquirir un ordenador novo para tirar proveito das funcións de IA que están por chegar a Windows).
- Dende nVIDIA adiantan que numerosos portátiles poderán gozar de funcións avanzadas de IA grazas ás súas gráficas RTX