As historias de Instagram permiten deixar comentarios

martes, 3 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Os usuarios de Instagram están a recibir nas últimos horas unha nova función que pode resultar rechamante, pois consiste na posibilidade de deixar comentarios nas historias, formato que tradicionalmente promovía a interacción con seu usuario a través de mensaxería directa.
Temos así un novo xeito de interactuar cos contidos de Instagram, que parecen buscan en grande medida limitar a comunicación directa, que para moitos usuarios pode resultar moi intrusiva, de xeito que cando atopemos unha historia graciosa ou emotiva poderemos comentala sen temer a molestar a quen a publicou mediante unha mensaxe.
Como acontece coas historias en si, estes comentarios tamén desaparecerán cando a historia diga adeus 24 horas despois da súa publicación.
Cómpre salientar que os comentarios das historias, aínda que estarán visibles para todos os seareiros dunha conta, só poderán enviarse por parte de usuarios aos que tamén siga o creador da historia, conseguindo así unhas interaccións máis seguras e libres de spam.

Os comentarios comezan a chegar hoxe ás historias de Instagram