As historias de Instagram poden compartirse en privado
mércores, 13 de setembro do 2017
As historias de Instagram están a ser un éxito rotundo, e
dado que son un tipo de contido cada vez máis atractivo, pero que conta cun
nivel de interacción moi reducido (xa que carece de comentarios público), o que
está a cambiar con medidas como a posibilidade de compartir
as historias cos nosos amigos a través de mensaxes directas.
Deste xeito, cando vexamos unha historia interesante, poderemos premer na icona
do avión de papel que aparece na parte inferior dereita da pantalla, para logo
elixir as persoas coas que queiramos compartila e premer logo no botón de
enviar, de xeito que logo teremos conversas cos nosos amigos nas que poder
reproducir/ver a historia e realizar comentarios sobre a mesma.
Esta funcionalidade respecta o espÃrito das historias de Instagram, ou sexa,
que continúan a ser efémeras, de xeito que cando transcorren 24 horas dende a
súa publicación inicial desaparecerán tanto do perfil do seu creador como das
conversas na que se compartiu. Amais, os creadores tamén teñen a opción de
limitar esta funcionalidade dende as opcións das historias, e nos casos de
contas privadas só os amigos comúns poderán intercambiar as historias.
Poder compartir as historias entre amigos pode ser unha funcionalidade de
grande interesa para as marcas, xa que facilitará a viralización de contidos
dentro de Instagram, algo que ata o momento non acontece por mor das mecánicas
desta plataforma.
