As lentes de Meta permitirán aplicacións de terceiros
venres, 19 de setembro do 2025
Meta vén de anunciar o lanzamento da versión preliminar do seu Wearables Device Access Toolkit, unha ferramenta pensada para que desenvolvedores poidan integrar funcionalidades das gafas Ray-Ban Meta nas súas aplicacións móbiles. A iniciativa busca ampliar os usos das gafas intelixentes, que xa se consolidaron como un fenómeno global ao combinar tecnoloxÃa avanzada cun deseño icónico, e que como principal punto feble teñen a súa dependencia de Meta, eiva que pode solucionarse de contar co apoio de terceiros.
A través deste novo kit, os creadores de software poderán acceder a sensores integrados nas gafas, como a cámara e os micrófonos, para deseñar experiencias que aproveiten a perspectiva natural do usuario e a interacción sen mans. A proposta de Meta pretende transformar as aplicacións móbiles en extensións máis intuitivas da vida cotiá, integrando a tecnoloxÃa directamente no mundo fÃsico.
Durante esta fase de desenvolvemento, os participantes poderán crear prototipos, realizar probas e distribuÃr versións beta a través da plataforma Wearables Developer Center. A publicación de aplicacións estará limitada inicialmente, co obxectivo de garantir unha evolución responsable da ferramenta e recoller impresións da comunidade técnica.
AÃnda que o acceso ás capacidades de intelixencia artificial das gafas (como os comandos por voz) non estará dispoñible nesta primeira etapa, é unha funcionalidade que se contempla para futuras actualizacións. Meta subliña que este lanzamento é só o inicio dun proceso colaborativo no que o feedback dos desenvolvedores será clave para definir o rumbo da plataforma.
Entre os primeiros socios que xa están a experimentar co toolkit destacan empresas como Disney Imagineering, Be My Eyes, 18Birdies, Microsoft ou Twitch, que exploran aplicacións que van desde a accesibilidade ata o entretemento en tempo real.
Algúns exemplos de aplicacións de terceiros para lentes de Meta
