As letras galegas toman as redes da man da Deputación da Coruña e da iniciativa #Librosparasermoslibres
mércores, 28 de abril do 2021
Unha
parte relevante das celebracións do 17 de maio do departamento de
Cultura da Deputación da Coruña vai ter lugar nas redes sociais.
Nesta axenda destaca unha nova edición de Libros para Sermos Libres,
co-impulsada pola área de Normalización e co punto de vista posto
na celebración e reivindicación do legado de Xela Arias
(homenaxeada no DÃa das Letras) e, por extensión, na nosa lingua e
na nosa cultura.
Máis
polo miúdo, a iniciativa #Librosparasermoslibres
difundirá a través da Rede contidos relacionados co mundo editorial
dirixidos a fomentar a lectura en galego. A campaña recollerá en
vÃdeo mensaxes de apoio de caras recoñecibles ao noso mundo
editorial. Asemade, farase
referencia aos distintos premios cos que a Deputación fomenta a
creación na nosa lingua.
A
iniciativa ten de partida o mellor dos precedentes: o éxito da
experiencia levada a cabo o ano pasado, auspiciada polo boom
das redes sociais motivado pola pandemia e, tamén, pola vontade
xeral de reivindicar a gran cantidade de ingredientes saudables que
teñen os libros para mitigar calquera tipo de adversidade (por
exemplo a da COVID-19).
Ao
abeiro de #Librosparasermoslibres, sortearanse bonos-libros que as e
os internautas poderán utilizar en calquera librarÃa da provincia
da Coruña que elixan.
Cultura
da Deputación convicará a enviar fotos ou micro-vÃdeos (máximo 1
minuto). As persoas participantes recomendarán unha obra en lingua
galega coas etiquetas #fiestrasabertas e #librosparasermoslibres.
Sortearanse 21 bonos-libros de 100 euros que as persoas gañadoras
poderán empregar en calquera librarÃa da provincia da Coruña. Como
medida simbólica de apoio a este sector, o importe total destes
bonos increméntase un 40% con respecto á primeira edición.
