As licenzas de xogos descargados de PS4 e PS5 deberán verificarse tras 30 dÃas
xoves, 30 de abril do 2026
Diversos propietarios de PlayStation 4 e PlayStation 5 detectaron que os tÃtulos comprados a través da PlayStation Store a partir de marzo de 2026 incorporan un control que aparentemente obriga a conectarse a Internet cada 30 dÃas para validar a licenza. Esta condición non parece aplicarse a xogos adquiridos con anterioridade. Algúns usuarios sinalan que o contador é visible en PS4, mentres que en PS5 permanece activo en segundo plano.
A situación xerou certa inquedanza entre quen poderÃa quedar sen conexión durante perÃodos prolongados, aÃnda que non se trata dun escenario habitual. Segundo explicacións achegadas por fontes próximas ao seguimento destas polÃticas, a medida poderÃa estar orientada a frear fraudes relacionadas con devolucións de xogos dixitais, cun sistema que posteriormente transformarÃa esas licenzas en permanentes.
Desde Sony Interactive Entertainment confÃrmase que o impacto real será limitado. Un voceiro indicou que os xogadores poden acceder aos seus tÃtulos con normalidade e que só é necesaria unha verificación en liña puntual para confirmar a licenza, tras a cal non se requiren novas comprobacións.
Empresas do sector non tardaron en reaccionar, como é o caso de GameStop, que aproveitou para reivindicar as vantaxes do formato fÃsico, no que este tipo de limitacións non se producen, aÃnda que nesta ocasión falamos dun actor interesado, xa que as cadeas de tendas de videoxogos fan negocio por partida dobre cos xogos en formato fÃsico, xa que tamén manteñen un negocio de venda de segunda man.
