As nenas españolas navegan durante máis tempo que os rapaces
luns, 13 de agosto do 2007
O Eurobarómetro
publicado polo Comisión Europea e realizado entre cativos de 9 a 14 anos amosa que as nenas españolas empregan a
Internet e os móbiles co principal propósito de comunicarse, mentres que os
nenos utilizan as TIC para xogar.
Deste xeito as rapazas empregarían máis aplicacións coma o Messenger e as
mensaxes de texto a través do móbil que os rapaces, que prefiren usar o móbil e
a Rede con fins lúdicos. Curiosamente mentres que os nenos navegarían 1 hora e
media diaria coma promedio, as nenas o farían unha hora máis (o que parece
provocado polo uso que fan da Rede).