As nosas comunity managers locen talento no Día das Redes Galegas

mércores, 11 de abril do 2018 Fernando Sarasketa

O vindeiro 25 de abril vaise celebrar o Día das Letras Galegas, co epicentro no Campus de Pontevedra. Trátase dunha xornada con dous obxectivos definidos: por unha banda reivindicar a figurar dos responsábeis de comunidades virtuais ao abeiro do rápido espallamento das redes sociais nas nosas vidas e, pola outra, mostrar o importante potencial do alumnado (futuras/os profesionais) da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Na organización do evento atópase o profesor Xavier Martínez Rolán, en colaboración coa dita Facultade, a Vicerreitoría do Campus, a Área de Normalización Lingüística da Universidade (ANL) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A xornada contará un ano máis cun panel de conferenciantes moi destacábel: as/os tituladas/os de Ciencias Sociais e Comunicación.
Entre as relatoras figuran (entre outras) Lucía Gómez, directora de mercadotecnia de contidos e medios sociais de Elogia, a referencial axencia de márketing con sede en Vigo; Cristina García, responsábel de comunicación dixital en Esmerarte Industrias Creativas, firma centrada en promoción cultural ao abeiro das novas ferramentas e en facer comunidade arredor do fenómeno creativo; ou Jorge Medal, redactor e guionista de formatos televisivos,
Xunto ás devanditas relatoras, o Día das Redes Galegas contará tamén coa presenza activa de Cristina Rodríguez, técnica de normalización lingüística da ANL, que abordará neste evento a experiencia de Youtubeir@s, proxecto promovido polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, nove concellos e a Deputación da Coruña e dirixido a dar visibilidade ao uso do galego a través dun concurso nesta rede social.
Segundo engade Martínez Rolán, o Día das Redes Galegas é un evento aberto a todo o público interesado que manterá, ademais, o formato de edicións anteriores, de tal xeito que trala súa inauguración (prevista para ás 10.00 horas) cada conferenciante falará da súa experiencia en proxectos para, por último, completar a xornada cun coloquio, moderado polo profesor Alberto Dafonte. “Non podemos falar de redes sociais sen ter en conta a bidireccionalidade da comunicación”, sinala nese senso Martínez Rolán, dun evento no que tamén se promoverá o debate a través da rede social Twitter, co hastag #redes galegas, e que será retransmitido por UVigo TV.

PUBLICIDADE