As nosas universidades amplÃan coas TIC avanzadas a súa oferta de mestrados
venres, 17 de agosto do 2018
- Vista do Campus de Pontevedra e das súas facultades
Os
nosos estudantes terán este ano máis opcións
formativo-tecnolóxicas para especializárense. E algunhas delas
estreitamente relacionadas cos contidos e ferramentas dixitais, máis
polo miúdo cos videoxogos, os medios sociais ou a ciberseguridade. A
oferta complétase cun achegamento directo ao cálculo avanzado, por
parte da Universidade da Coruña e a de Santiago.
En
total, neste curso que xa estamos preto de comezar, o ano académico
2018-2019, as universidades galegas van estrear un total de catorce
másteres, dous deles oficializados onte no Diario Oficial de
Galicia e algúns poñendo en xogo o impulso conxunto das tres
universidades galegas, a USC, a UDC e a UVigo. Na oferta de formación
inclúense contribucións formativas que, como dixemos, cóllennos de
preto: Computación de Altas Prestacións (UDC-USC), Ciberseguridade
(UVigo-UDC), Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de
Videoxogos (UDC) ou Comunicación en Medios Sociais e Creación de
Contidos Dixitais (UVigo).
Entre
os novos mestrados tamén se inclúen o de Investigación e
Innovación en Didáctica para Educación Infantil e Primaria, e máis
Biodiversidade Terrestre, EconomÃa e Xeoinformática, que implican
ás tres universidades. Outra das novidades é o de Xenómica e
Xenética, da USC-UVigo, e máis o de EnerxÃas Renovábeis, da USC.