As notas de voz efémeras chegan oficialmente a WhatsApp
xoves, 7 de decembro do 2023
En
WhatsApp podemos enviar fotografÃas e vÃdeos que se borran automaticamente tras
a súa visualización dende hai un par de anos, como un xeito de incorporar unha
nova capa de privacidade á aplicación de mensaxerÃa, e dende outubro os
usuarios da versión beta para Android de WhatsApp poden
gozar desta mesma funcionalidade para as mensaxes de voz, resultando todo
un éxito este perÃodo de probas, de aà que hoxe iniciasen o espallamento ao
resto de usuarios de WhatsApp as mensaxes
de voz efémeras.
Deste xeito, cando remitamos unha mensaxe de voz que pode incluÃr información
sensible, podemos ter certa garantÃa de que o contido non se manterá por tempo
ilimitado no teléfono do receptor nin poderá reenviarse, xa que tras a súa
reprodución eliminarase totalmente.
Este tipo de mensaxes estarán marcadas cunha icona cun 1, que indica que o
contido só está dispoñible unha vez, advertindo asà ao receptor de que ten que
procurar unhas boas condicións para a escoita das notas de voz efémeras, xa que
non poderá escoitalas de novo.
Dende WhatsApp tamén aseguran que no futuro pretenden ampliar este tipo de
comunicacións efémeras ás mensaxes de texto, o que pode resultar práctico para,
por exemplo, comunicar credenciais de acceso ou outro tipo de información
sensible.