As novas tabletas de Samsung estrean 5G e pantallas a 120 Hz
xoves, 6 de agosto do 2020
AÃnda que o Galaxy
Note20 é o produto de referencia da familia Galaxy para a produtividade, para
os que precisan dunha pantalla de maior tamaño para traballar contaremos tamén
cun par de tabletas que combinan a capacidade dun ordenador persoal coa
flexibilidade dunha tableta e a conectividade dun smartphone, a Galaxy Tab S7 e
a Galaxy
Tab S7+, destacando esta última por contar cunha versión con conectividade
5G.
As novas tabletas Galaxy Tab S7 e S7+ contan cun potente procesador e, grazas
ao S Pen, poden contar con prestacións equiparables á dun Galaxy Note20 nunha
pantalla de maior tamaño, que facilita a súa disposición como se tivésemos un
ordenador portátil.
No caso da Galaxy
Tab S7 estamos ante una tableta con pantalla de 11 polgadas cunha
resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles, cámara frontal de 8 MpÃxeles, cámara
traseira dual de 13 e 5 MpÃxeles, catro altofalantes 4KG, Wi-Fi 6, Bluetooth
5.0, SPen, lector lateral de impresións dixitais, baterÃa de 8.000 mAh e un
prezo de 699 euros con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e de 779 euros con
8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno. Estas tabletas poderÃan
adquirirse con conectividade 4G por 100 euros máis.
Pola súa banda, o Galaxy Tab S7+ ten unha pantalla Super AMOLED de 12,4
polgadas cunha resolución de 2.800 x 1.752 pÃxeles cunha velocidade de refresco
de até 120 Hz, que incrementa a súa baterÃa até os 10.090 mAh e leva o sensor
de impresións dixitais á propia pantalla, e véndese por 899 euros con 6 GB de
RAM e 128 GB de almacenamento; ou por 979 euros con 8 GB de RAM e 256 GB de
almacenamento interno, prezos que incrementarÃanse en 200 euros se optamos pola
súa versión
con 5G.
Cómpre lembrar que estas tabletas que inclúen S Pen poden completarse cunha
funda con teclado que practicamente converte a tableta nun portátil,
facilitando o seu uso para tarefas de produtividade.