As operadoras ameazan con vetar os móbiles de Nokia que integren Skype

martes, 3 de marzo do 2009

Dende o portal ADSLzone informan de que ante o anuncio de colaboración para incluír en terminais coma o Nokia N97 a software de voz sobre IP de Skype, as operadoras móbiles coma Telefónica e Orange poderían tomar medidas evitando a comercialización dos terminais conflitivos ante a ameaza de perder ingresos por chamadas de voz.
Polo momento o aviso das operadoras limitaríase ao Reino Unido, pero podería espallarse ao resto de Europa.

PUBLICIDADE