As persoas maiores de 50 anos de Covelo recibiron formación en iniciación a Internet e eAdministración
venres, 3 de novembro do 2023
As
persoas maiores de 50 anos do concello de Covelo aprenderon cos
profesionais de Redeia e CIBERVoluntarios.org a relacionarse
electronicamente coas institucións públicas e navegar dun xeito
seguro pola Rede grazas
aos cursos gratuítos de iniciación a Internet e Administración
Electrónica (eAdministración) que se impartiron na sala multiúsos
do dito Concello pontevedrés.
Co
obxectivo de acurtar a fenda dixital e durante dúas horas aprenderon
conceptos básicos de iniciación a Internet, a realizar procuras de
traballo na Rede, a redactar o seu currículo, a empregar o
smartphone ou a tableta ou realizar compras a través do comercio
electrónico. Ademais aprenderon pasos básicos para navegar con
seguridade e a realización de trámites administrativos. Tamén
puideron familiarizarse con ferramentas destinadas a mellorar a
visibilidade dos negocios e a facer unha boa xestión das súas
redes sociais.
Dende
o Concello lembran que “o uso axeitado da Internet facilita o día
a día das persoas sendo máis doado do que semella e posibilitando
acceder a trámites, citas ou xestións coa administración dende a
casa e a calquera hora do día”.