As plataformas sociais someteranse a probas de estrés antes das eleccións alemás
venres, 24 de xaneiro do 2025
Bloomberg está a informar de que a Comisión Europea planea interrogar as compañÃas de redes sociais sobre os seus plans para combater a desinformación antes das eleccións alemás do 23 de febreiro, nunha proba de estrés pioneira para unha elección nacional.
X, Meta (por Facebook, Instagram e Threads), Snap (por Snapchat), Alphabet (matriz de Google), TikTok e Microsoft (por LinkedIn) foron convidadas a unha xuntanza cos reguladores alemáns o 31 de xaneiro en Bonn, segundo informou un voceiro da Comisión.
Nesa reunión, os funcionarios da Comisión Europea cuestionarán as empresas tecnolóxicas sobre como afrontarán escenarios que poidan interferir coas eleccións, como falsificacións xeradas por intelixencia artificial, ciberataques ou campañas de desinformación. A simulación avaliará o cumprimento das empresas coa Lei de Servizos Dixitais (DSA) da UE, que obriga ás grandes plataformas a combater contidos prexudiciais e ilegais.
A Comisión está a incrementar o seu escrutinio arredor das eleccións despois da recente inestabilidade en RomanÃa, onde as eleccións presidenciais foron anuladas o ano pasado tras informes de intelixencia que indicaban que actores estranxeiros interferiran difundindo información falsa antes da votación. Ademais, están a investigar máis de preto a conversa de Musk coa candidata de extrema dereita alemá Alice Weidel, á que entrevistou nunha retransmisión en directo en X a primeiros de mes.
As empresas que violen a DSA poden ser sancionadas con multas de ata o 6 % das súas vendas globais anuais. Actualmente, X, Meta e TikTok están baixo investigación por presuntas infraccións.