As polÃticas de dixitalización das comunidades autónomas a debate
luns, 4 de novembro do 2024
O primeiro Encontro de Equipos de TIC autonómicos que se celebrou hai uns dÃas en Madrid e no que participou a Xunta de Galicia concluÃu que os novos modelos de gobernanza dixital, a sustentabilidade do investimento en tecnoloxÃas da información ou a xeración, atracción e retención de talento caracterizarán o futuro inmediato das polÃticas de modernización tecnolóxica das comunidades autónomas españolas.
No marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas, os equipos de todos os territorios do Estado discutiron sobre o futuro deste ámbito tras o perÃodo expansivo que representou o Mecanismos de Recuperación e Resiliencia (MRR)
A Xunta estivo representada polo director da AMTEGA, Julián Cerviño, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Os expertos en dixitalización tamén abordaron aspectos como a xestión de provedores tecnolóxicos, a implantación de grandes sistemas de información, o funcionamento dos servizos de emerxencias ou o establecemento de convenios para a prestación de servizos de administración electrónica.