As primeiras vendas de xogos para Ouya están a decepcionar
martes, 23 de xullo do 2013
A consola de videoxogos Ouya, tras conseguir
preto de 8,6 millóns de dólares a través de Kickstarter converteuse en todo
un fenómeno que prometÃa revolucionar o sector, pero agora que a consola xa
está en produción e pode adquirirse con normalidade en establecementos fÃsicos
e a través da Internet chega o momento de facer balance, e os primeiros
resultados que están a aparecer nos medios non parecen moi optimistas.
Por unha banda temos que as vendas da consola Ouya nos EE.UU. están a ser
febles, descoñecéndose a base de consolas instalada, que non parece ser moi
grande, e o único xogo que parece estar a ter unha boa resposta nesta
plataforma é TowerFall, que destacaba
por ser o xogo insignia durante o lanzamento da consola, e do que conseguiron
vender unhas 2.000 unidades a un prezo de 15 dólares cada unha, o que son
uns datos moi modestos, pero que están relativamente ben, e poderÃan levar aos
desenvolvedores a levar o xogo ao PC.
- TowerFall é un dos xogos insignia de Ouya
Algo semellante aconteceu con Nimble
Quest, xogo que na primeira semana en Ouya tivo 6.508 descargas, 122
compras e un beneficio de 427 dólares, o que deixa claro que non estamos ante
unha plataforma rendible, pero que si pode servir como un campo de probas para
tÃtulos multi-plataforma (o xogo en cuestión está desenvolvido con Unity, o que
facilita o seu salto a varios sistemas sen grande dificultade).
Outros
desenvolvedores independentes están a dar os seus datos de vendas, de xeito
que sabemos que The Men Who Wear Many
Hats só vendeu 501 copias de 13.112 descargas (o que decepcionou ao seu
desenvolvedor polo traballo que lle deu engadir o soporte para mando no seu
xogo para Android); o xogo Bombball tamén
está a ter unhas vendas decepcionantes; Hidden
In Plain Sight conseguiu vender 1.900 unidades xerando unhas vendas de 4.381
dólares (un dos poucos casos nos que o desenvolvedor recibiu unha mellor
resposta da agardada); Get on Top
conseguiu converter 9.700 descargas en 520 vendas ingresando 728 dólares netos;
e os responsables de DubWars láianse
de ter unha taxa de conversión inferior ao 1%.
A tenor destes datos podemos entender que a Ouya é un bo campo de probas, pero
unha mala plataforma para conseguir rendemento económico, pois se os resultados
son malos cando hai poucos xogos no seu catálogo, cando os tÃtulos dilúanse nunha
colección máis ampla aÃnda poderÃa ser máis difÃcil conseguir xerar ingresos
económicos que compensen o seu desenvolvemento.