As producións virtuais destacan en Mundos Digitales
venres, 5 de xullo do 2024
O presidente da Deputación da Coruña, ValentÃn González Formoso, visitou hoxe en PALEXCO o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media Mundos Digitales, que este ano celebra a súa vixésimo segunda edición.
Acompañado da deputada de Emprego e Industria, Rosa Ana GarcÃa, e do director do evento, Manuel Meijide, Formoso visitou os distintos stands do congreso, entre eles o que a Deputación ten no evento para presentar o plató audiovisual virtual Coruña Estudio Inmersivo (CEI), asà como a feira de emprego (a máis importante do sector a nivel europeo) na que algunhas das principais empresas do sector buscan e seleccionan novos talentos para incorporar aos seus cadros de traballadores.
Formoso destacou «as oportunidades que se presentan para os creadores dixitais, tanto no sector da produción audiovisual como no dos videoxogos, no que Galicia conta xa cun peso importante e un futuro moi prometedor».
Neste sentido, destacou que a finais deste ano a cidade da Coruña contará co novo estudio de produción virtual Coruña Estudio Inmersivo (CEI), que a Deputación está construÃndo actualmente na Cidade das TIC cun investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciado pola Deputación e fondos do Plan de Recuperación-Next Generation EU do Goberno de España e que suporá «un revulsivo para axudar a reter o talento que se forma aquà e situar a esta provincia como un dos Hubs audiovisuais máis importantes de España, impulsando nunha industria moi puxante, que a dÃa de hoxe xera máis de 4.500 empregos e factura 411 millóns de euros en Galicia e sigue crecendo ano tras ano», afirmou.
O evento, que se celebra até mañá sábado na cidade herculina, reúne a algunhas das principais empresas e profesionais da animación e a creación dixital a nivel internacional e preséntanse tamén as principais innovacións tecnolóxicas do sector, coa intelixencia artificial como impulsora principal, e con proxeccións exclusivas, conferencias e clases mestras impartidas por prestixiosos profesionais.
- O presidente da Deputación amosou o seu interese por distintas tecnoloxÃas presentes en Mundos Digitales