As publicacións en X despréndense do dominio twitter.com

luns, 20 de maio do 2024 Marcus Fernández

Levamos preto dun ano vendo como a plataforma social adquirida por Elon Musk mudaba a súa histórica marca de Twitter a X, pero a mensaxe que facían dende a compañía resultaba contraditoria, pois mentres lucían o X no seu logotipo, os seus sistemas continuaban operando baixo o nome de dominio twitter.com, algo que xustamente mudou en pleno Día da Internet, cando Musk anunciou o cambio de dominio.
A migración a X.com leva producíndose moitos meses, e finalmente completouse (con algunhas inconsistencias), e o que queda agora por ver é se os usuarios realmente pasarán a chamar X ao servizo, que para a meirande parte dos usuarios segue a responder ao nome de Twitter.