As redes sociais como ferramenta para atopar emprego, nun novo curso de Compostela Monumental

martes, 4 de maio do 2021 S. P.

JPEG - 96.6 KB
O profesor Alberto Fandiño nunha actividade formativa previa no local da Algalia de Arriba

As persoas participantes do Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental e a Xunta de Galicia volven ter unha cita formativa na tarde deste 4 de maio: unha cita coas novas ferramentas e servizos para mellorar currículos e posibilidades de atopar traballo. Será no salón de actos da patronal do centro histórico compostelán, no 31 da rúa da Algalia de Arriba.
Trátase do curso Redes Sociais para a procura de emprego, de oito horas de duración, impartido polo profesor Alberto Fandiño.
O obxectivo desta acción é aprender a preparar o perfil do alumnado para chamar a atención dos expertos que se interesan por un determinado candidato, amais de descubrir como buscar oportunidades e postularse, así como aproveitar os contactos para conseguir as mellores alternativas laborais.

PUBLICIDADE