As redes sociais do Concello de Ferrol rozan xa os 24.130 seguidores
venres, 21 de xaneiro do 2022
Co
novo ano, o
Concello de Ferrol fixo balance da actividade xerada nas redes dende
o Consistorio e do impacto e o seguimento das súas informacións e
comunicacións nestas novas contornas en liña. Segundo fixo
saber, Ferrol+Conectado, a listaxe de distribución de
WhatsApp do Concello (que mantén informada diariamente á cidadanía
da actualidade municipal), superou a finais de 2021 os 3.400
subscritores. Con esta cifra, o conxunto de redes sociais do Concello
de Ferrol rozan os 24.130 seguidores, xa que a páxina de Facebook
superou os 12.100, o perfil de Twitter ten máis de 6.670 e o de
Instagram roza os 1.650. Amais, o novo grupo de Facebook Ferrol
Participa, activo desde finais de ano con información concreta
sobre anuncios municipais, convocatorias de interese para o cidadá,
cursos e obradoiros e prazos de inscrición, conta xa con preto de
300 seguidores.
Ademais
de noticias, Ferrol+Conectado transmite avisos, incidencias, e
actualizacións do taboleiro de anuncios do Concello. Trátase dun
servizo que como canle de información cidadá traslada aos
subscritores novas de interese para os cidadáns. O número do
servizo é o 608 736 834, e para darse de alta só hai que agregalo á
axenda de contactos e enviar unha mensaxe a través de WhatsApp coa
palabra “alta” e o nome e apelidos do solicitante.