As sancións dos EE.UU. poderían deixar a Huawei fóra do mercado dos smartphones

martes, 31 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

As sancións que os EE.UU. aplicaron a Huawei practicamente afogaron a venda de móbiles da compañía fóra de China por impedirlle contar cos servizos de Google e incluso con acceso ao procesadores que facilitasen a conectividade 5G, pero o Departamento de Comercio dos EE.UU. está a recruar as sancións, e agora amplíanas impedindo que as empresas estadounidenses poidan vender a Huawei produtos entre os que figurarían os procesadores 4G, o que podería expulsar definitivamente a Huawei do mercado dos smartphones.
As sancións tamén incluirían produtos con conectividade Wi-Fi 6 e 7, que integren intelixencia artificial ou que poidan empregarse para computación de altas prestacións ou para a nube. Deste xeito resulta case imposible que compañías como Intel e Qualcomm continúen a traballar con Huawei.
Os bloqueos impostos farían practicamente imposible que Huawei poida renovar o seu catálogo de smartphones en 2023.

PUBLICIDADE