As tarxetas SIM poderÃan empregarse sen fÃos
martes, 10 de xuño do 2014- Imaxe do novo produto de NTT DoCoMo publicada por The Verge
NTT DoCoMo presentou no Xapón a súa nova solución móbil que
busca revolucionar o xeito de identificarnos coas redes de telecomunicacións
dende os nosos dispositivos móbiles, para o que amosan
o prototipo dun dispositivo chamado Portable SIM, que facendo uso de
Bluetooth e NFC permite que smartphones, tablets ou ordenadores poidan recibir
a información da tarxeta SIM albergada no seu interior, para acceder á rede
móbil como se tivesen a tarxeta no seu interior, e perdendo tal información
unha vez que o dispositivo de peto se afaste (por motivos de seguridade).
Temos asà unha interesante solución para non ter que andar inserindo a mesma tarxeta
SIM en distintos dispositivos, o que poderÃa ter moitas aplicacións no futuro,
pois servirÃa para dotar de conexión á Internet a trebellos distintos ao noso
smartphone, sen ter que realizar tethering,
o que poderÃa chegar a espallar a sistemas que vaian máis aló de smartphones e
tablets, como poderÃan ser os sistemas informáticos do automóbil ou a
informática de vestir, aÃnda que polo
momento os dispositivos compatibles coa Portable SIM son moi poucos.
A
Portable SIM tamén poderÃa empregarse como almacenamento de credenciais de
acceso, ou sexa, como unha chave universal, de aà que tamén sexa compatible
con ordenadores persoais. Temos asà unha nova solución que, de ter unha boa
aceptación, poderÃa desaparecer como trebello e converterse en todo un estándar
para o uso das redes móbiles dende distintos dispositivos.