As tarxetas microSD de SanDisk chegan até os 400 GB de capacidade
xoves, 31 de agosto do 2017
Cando se presentan novos smartphones é frecuente ver como se
comenta que soportan tarxetas de memoria con capacidades extraordinariamente
altas (2 TB) cando hoxe non existen comercialmente, pero iso non quere dicir
que non vaian facelo durante a vida do terminal, de aà que se destaca o
detalle. E como exemplo de incremento da capacidade das tarxetas de memoria para
móbiles temos que Western Digital presentou hoxe na feira IFA as novas SanDisk
Ultra microSDXC UHS-I de 400 GB, atendendo asà as necesidades de capacidade
de almacenamento que fan, por exemplo, os usuarios que gravan vÃdeo con
frecuencia.
Coa nova microSDXC de SanDisk un usuario dun smartphone ou dunha tableta con
Andorid pode almacenar até 40 horas de vÃdeo Full HD e gozar de velocidades de
transferencia de até 100 MB/segundo (ou sexa, que poderÃan mover unhas 1.200
fotografÃas por minuto) e, graza a cumprir coa especificación A! App
Performance Class tamén conseguirÃa cargar aplicacións almacenadas na tarxeta
de memoria máis rápido que en tarxetas anteriores.
Iso si, poder contar cunha tarxeta de memoria co tamaño dunha unlla na que
meter 400 GB non é precisamente barato, e mentres que as versións de 128 GB e
200 GB poden atoparse facilmente por 59,99 e 89,99 euros respectivamente, a de
máxima capacidade non terÃa un prezo proporcional, e venderÃase nos EE.UU. a
249,99 dólares (en Amazon.es figura a 258,99 euros), o que é un prezo bastante
axustado para un produto que polo momento carece de competidores.