As tecnoloxías argalleiras do Roteiro Maker chegan este 13 de xuño a Portosín

xoves, 10 de xuño do 2021 S. P.

A xira Roteiro Maker, unha iniciativa móbil polos nosos concellos que inclúe obradoiros de balde relacionados coa tecnoloxía argalleira e o Camiño de Santiago, estará este domingo 13 de xuño en Portosín (Porto do Son), na praza do Curro en horario de 11.30 a 13.30 horas.
O Roterio Maker pretende achegar a ciencia e a tecnoloxía ofrecendo diferentes obradoiros de balde para tódolos públicos e nun formato innovador e divertido. Fará diversas paradas, ademais de en Porto do Son, nos concellos de Ames, Brión, Rois, Dumbría e Muros, entre outros.
O Roteiro Maker conta con diferentes estacións nas que se desenvolven unha gran variedade de obradoiros de deseño e impresión 3D, electrónica básica, programación, robótica, Realidade Aumentada e moitísimo máis. Nesta edición faranse obradoiros relacionados co Camiño de Santiago para persoas de todas as idades.

PUBLICIDADE