As tecnoloxías para garantir o futuro do galego centran un curso de verán da USC en Ribeira

luns, 8 de xullo do 2024 S. P.

Este luns 8 de xullo comezou en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, o Curso de Verán da Universidade de Santiago A lingua galega no século XXI. No acto de apertura abriu as actividades Alicia Padín, responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira, quen deu a palabra aos dous directores do curso, membros da RAG (Real Academia Galega) e catedráticos da USC, Herique Monteagudo Romero e Xosé Luís Regueira Fernández, e para rematar e o acto e inaugurar o curso interveu o secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García Gómez.
O curso, que se desenvolve até o mércores 10, ten como obxectivo analizar algúns dos principais desafíos aos que se debe enfrontar o galego, como por exemplo a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital ou a integración das persoas migrantes con diferentes linguas e culturas. Ademais de describir a situación actual, o foco do curso estará na discusión das necesidades e nas estratexias para poder atendelas.
Por certo que a última das xornadas estará adicada á cuestión tecnolóxica: porase o foco no Proxecto Nós (USC, Secretaría da Lingua) para afianzar a presenza do galego na Intelixencia Artificial e mesmo farase unha competición con Common Voice, proxecto de crowdsourcing iniciado por Mozilla para crear unha base de datos gratuíta para o software de recoñecemento de voz (conta co apoio de voluntarios que gravan oracións de mostra cun micrófono e revisan as gravacións doutros usuarios).
Datos do curso
Dirección: Xosé Luís Regueira (USC) e Henrique Monteagudo (USC)
Secretaria: Noelia García (USC) e Alicia Padín (Concello de Ribeira)
Lugar de celebración: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira (A Coruña).
Este curso conta co co-financiamento do Concello de Ribeira
Programa
Día 8 de xullo
9.30 Apertura do curso
10.00-14.30: Sesión temática: Transmisión e mantemento da lingua. Ribeira e a súa contorna.
Conferencias
10.00: Perfil sociolingüístico do Barbanza
Henrique Monteagudo (Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC e Director do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
10.25: A transmisión interxeracional da lingua no Barbanza
Xaquín Loredo (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
10.50: Transmisión e mantemento da lingua na infancia: as dinámicas familia / escola / pares
Gabino Vázquez-Grandío (Investigador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega)
11.15: Debate
11.40: Pausa-café
12.10: Obradoiro de actividades de sociolingüística
13.00: Mesa redonda
Moderador: Henrique Monteagudo (USC)
Participantes: Pilar Ponte (IES Félix Muriel de Rianxo), Teresa Hernández Alfaraz (CEIPP de Palmeira) e David Novo Martínez (CEIP de Artes).
16.30: Visita didáctica ao Parque Nacional das Illas Atlánticas: a illa de Sálvora e as súas lendas. Dinamizador: Quico Cadaval (narrador oral e veciño de Ribeira).
Día 9 de xullo
10.00-14.30: Sesión temática: Linguas e migración en Galiza: as voces diversas da nosa sociedade na posmodernidade.
10.00: Conferencia: Novos repertorios plurilingües na Galiza: da comunidade á escola.
Gabriela Prego (Profesora de Lingüística Xeral, USC).
11.00: Mesa redonda: Mergullándonos nas linguas de Ribeira.
Modera: María Caamaño Rojo (Profesora de Didáctica das Linguas e das Literaturas, USC). Dinamizadoras: Luz Zas Varela (Profesora de Lingüística Xeral, USC) e Marta Estévez Grossi (Investigadora posdoutoral, USC).
Participantes: Xosé Lois Vilar Rodríguez (exprofesor e coordinador para a alfabetización para persoas estranxeiras en Ribeira), María Rama Pico (profesora do IES Número 1 de Ribeira ), Nieves Lampón González (directora do CEIP O Grupo de Ribeira), Manal Chahir (estudante da USC e veciña de Ribeira), Khadija Zaghloul (empresaria e veciña de Ribeira), Hamza Rassolul (estudante e veciño de Ribeira).
12.30: Pausa-café
13.00: Obradoiro: (Re)presentando a diversidade lingüística de Ribeira con Actividade de rúa: Visibilizar para transformar.
Dinamizadoras: Luz Zas, María Caamaño, Marta Estévez, Gabriela Prego (USC).
Visitas didácticas
17.00: Visita á Lonxa de Ribeira, para asistir á poxa de viva voz. O uso do galego no tecido económico contemporáneo.
18.00: Paseo literario por Ribeira: Os camiños do mar, con María Xesús Blanco, escritora e veciña de Ribeira.
Día 10 de xullo
10.00-14.30: Sesión temática: As tecnoloxías lingüísticas e o Proxecto Nós: o galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial.
10.00-11.00: Relatorios:
Elisa Fernández Rei (Profesora de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC): As tecnoloxías lingüísticas e a lingua galega: o Proxecto Nós.
Carmen Magariños (Investigadora da USC): Tecnoloxías da fala: Síntese de voz e recoñecemento da fala
Pablo Gamallo (Profesor de Lingüística Xeral da USC): Grandes modelos de linguaxe (e tradución automática)
11.15: Pausa-café
11.45: Obradoiro: Competición de Common Voice.
Dinamizadoras: Adina Vladu e Noelia García (Investigadoras da USC).
13.00: Mesa redonda: As tecnoloxías lingüísticas e a intelixencia artificial: unha ferramenta ou unha ameaza?
Moderador: Xosé Luís Regueira (Catedrático da USC).
Participantes: Iria Taibo (tradutora, membro da AGPTI e deputada no Parlamento Galego), Gaspar González Somoza (director e actor de dobraxe), Carlos Lixó (profesor do IES da Pobra do Caramiñal e creador de contido), Marta Pérez Pereiro (Profesora da USC).
16.30: Visita didáctica:
Visita ao Museo do Gravado de Artes (Fundación Museo do Gravado á Arte Dixital de Artes). Visita ás coleccións e biblioteca.
18.00 Clausura
Alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral.