As tecnoloxÃas, presentes no programa +Xuntas da Deputación de Pontevedra
xoves, 9 de xaneiro do 2025
As mulleres da provincia de Pontevedra terán a opción de elixir entre as máis de 200 formacións enmarcadas no programa provincial +Xuntas, unha iniciativa da Deputación pontevedresa que ten como data lÃmite para inscribirse o vindeiro luns 13 de xaneiro.
Cómpre salientar que entre os obradoiros ofertados atopamos un de +TecnoloxÃa, que incluirá nocións prácticas sobre alfabetización dixital, socialización e administración de redes sociais e, tamén, Administración Electrónica (transformación tecnolóxica da relación entre a cidadanÃa e as institucións).
Alén deste eido tecnolóxico, serán 26 os obradoiros ofertados en total, as entidades poderán elixir entre outras áreas temáticas: +Creatividade (pintura, teatro, encontros con lectoras, patchwork, personalización de álbums e artesanÃa en coiro), +Natura (plantas medicinais, conservación de alimentos, xardinerÃa, hortas ecolóxicas e arte floral) e +Saúde (ioga, pilates, taichÃ, ximnasia hipopresiva, menopausa de xeito saudábel, autocoidado, autoestima e comunicación asertiva, musicoterapia, risoterapia e atención plena). En total ofreceranse 207 obradoiros, polo que se poderán beneficiar 207 entidades.
O obxectivo deste programa é mellorar a formación básica das mulleres e as súas condicións de vida, promover a súa autonomÃa individual, asà como crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vÃnculos entre as participantes.
Engadir que o programa +Xuntas conta cun orzamento superior aos 323.000 euros, e en cada formación poderán participar grupos de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade. Terán unha duración de 35 horas e todos eles incluirán un módulo especÃfico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.