As tendas GAME terán produtos Xbox en oferta cada xoves

xoves, 5 de marzo do 2015 Marcus Fernández

A cadea de tendas de videoxogos GAME inicia hoxe unha nova serie de promocións semanais lanzada en colaboración con Microsoft España e que durante este ano ofertará xogos e accesorios a prezos espaciais no que dan en chamar Jueves Xbox, e que iniciaranse cada xoves ás 9:00 horas, estando dispoñibles só durante un día.
Durante a primeira xornada de Jueves Xbox podemos ver ofertas como un mando sen fíos para Xbox 360 por só 32,95 euros, unha tarxetas de subscrición a Xbox LIVE durante 12 meses a só 39,95 euros, Forza Motorsport 5, Ryse e Dead Rising 3 para Xbox One por só 16,95 euros cada un, un mando sen fíos para Xbox One por só 39,95 euros ou unha consola Xbox 360 de 500 Gb con dous xogos da franquía Call of Duty por 19,95 euros.
Adicionalmente as tendas GAME de toda España tamén están a fomentar a compra dunha Xbox One de 500 GB con 3 xogos (Rayman Legends, Assassin’s Creed: Black Flag e Assassin’s Creed: Unity) a través dun Plan Renove que permitirá facerse coa nova consola de Microsoft por 199,95 euros no caso de entregar unha consola PS3 Slim de 500 GB co seu mando e 3 xogos (o prezo variaría de entregar outros modelos de consola, que tanto poden ser PS3 como Xbox 360 ou Wii U).

GAME promociona a Xbox One a través un Plan Renove

PUBLICIDADE