As tendencias de futuro da banda larga, a análise mañá xoves en Vigo

mércores, 13 de maio do 2009

Con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2009, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG), en colaboración con INEO, van levar a cabo o relatorio Tendencias de Futuro no Desenvolvemento da Banda Larga, do que dará conta o director de Planificación Estratéxica de Vodafone España, Enrique Gómez.
O acto, no que tamén participarán o vicedecano do COETG, Miguel Merino Gil e máis o presidente de INEO, Jorge Cebreiros Arce, terá lugar o 14 de maio ás 13:00 horas, no salón de actos da Zona Franca de Vigo.

PUBLICIDADE