As transcricións de mensaxes de voz están máis preto de chegar a WhatsApp (en Android)

xoves, 11 de xullo do 2024 Marcus Fernández

A última versión de proba de WhatsApp para Android está a estrear oficialmente unha funcionalidade que os usuarios levan meses agardando e que leva un tempo presente na aplicación para Android: a transcrición de mensaxes de voz.
Algúns usuarios de WhatsApp beta 2.24.15.5 poden xa gozar da agardada funcionalidade, para o que terán que descargar un paquete de idioma (dispoñible en inglés, español, portugués do Brasil, ruso e hindi) que facilitan que o recoñecemento de voz para a súa tradución en texto se realice de xeito local, e que así a función de transcrición respecte a privacidade do contido das comunicacións.
Esta nova prestación aínda non está aberta a todos os usuarios, xa que as probas son para un número limitado, pero o seu estado actual dá a entender que en poucas semanas poderiamos ter a funcionalidade dispoñible para todos os usuarios da aplicación de mensaxería.
As transcricións de voz resultan moi prácticas para poder coñecer o contido dunha mensaxe antes de escoitala, ou incluso para poder localizar unha nota de voz (algo que pode resultar desesperante se tempos que escoitar numerosas mensaxes para atopar a que nos interesa).