As unidades SSD T7 de Samsung chegan a España

luns, 1 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Samsung Electronics anunciou a chegada a España das súas unidades SSD externas T7, tanto na súa versión básica como no modelo Touch, que combinan un deseño elegante e compacto con velocidades de transferencia moi rápidas baseadas no estándar USB 3.2 Gen 2.
As novas unidades de almacenamento de Samsung acadan velocidades de transferencia de até 1.050 MB/segundo, o que supón case o dobre de velocidade das unidades Samsung T5 e até 9,5 veces maior velocidade que os discos duros externos tradicionais.
As novas unidades T7 están deseñadas para achegar almacenamento de xeito seguro, permitindo incluso traballar con vídeos en 4K ou 8K, e podendo conectarse a ordenadores, tabletas, televisores videoconsolas... que chegan ao mercado en capacidades de 500 GB, 1 TB e 2 GB ao longo do mes de xuño. Aínda que están pensadas para conectarse mediante USB-C, tamén inclúen cable conversor de USB-C a USB-A. Estas unidades parte dun prezo de 161,99 euros (para o modelo de 500 GB).
A grande diferenza entre o modelo normal e o Touch é que este último integra un lector de impresións dixitais como un xeito áxil de poder desbloquear os contidos cifrados nas unidades de almacenamento mediante AES de 256 bits, aínda que tamén é posible codificar os contidos mediante contrasinal. A diferenza de prezo entre as unidades normais e as Touch é bastante reducida (nalgún caso apenas supera o euro), polo que a decisión de compra entre un modelo e o outro dependería principalmente ao interese por protexer os contidos almacenados nestas unidades externas.

As unidades SSD T7 Touch inclúen un lector de impresións dixitais

PUBLICIDADE