As versións base dos novos ordenadores de Apple con M2 teñen unidades de almacenamento máis lentas
mércores, 25 de xaneiro do 2023
Coa chegada dos MacBook
Air con procesador M2 chegou a polémica por mor do feito de que a versión
con 256 GB de almacenamento era moi inferior ás versións con máis almacenamento
xa que na
versión máis cativa utiliza como almacenamento unha única memoria NAND,
mentres que o resto empregan dúas memorias NAND en paralelo, conseguindo dese
xeito até o dobre de velocidade, polo que na práctica pasar dun MacBook Air M1 con
256 GB de almacenamento a un MacBook Air M2 coa mesma capacidade podÃa ser
incluso un retroceso en rendemento en función das tarefas que se realicen co
equipo.
Agora que chegaron ao mercado os novos Mac mini e MacBook Pro con procesadores
M2 esta vergoñenta situación repÃtese, e un vÃdeo de Brandon Geekabit
desvela que o Mac mini con 256 GB de almacenamento conta cunha única memoria
NAND (cando a versión con M1 contaba con 2 unidades NAND de 128 GB) o que farÃa
que este equipo fose entre un 30% e un 50% máis lento en operacións de
lectura/escritura que o ordenador da xeración anterior, polo que os usuarios
que precisen un almacenamento rápido (algo crucial nos equipos con 8 GB de RAM,
xa que fan uso intensivo da SSD a xeito de memoria virtual) farÃan ben en
mercar un equipo con M1 ou optar por unha versión con M2 que teña como mÃnimo
512 GB de almacenamento.
Os
MacBook Pro de 13 polgadas con M2 e 256 GB de almacenamento tamén teñen o mesmo
problema, rexistrándose velocidades de disco moi inferiores á dos equipos
da anterior xeración ou dos que teñen máis capacidade de almacenamento.
Esta situación é lamentable, non só polo feito de que un produto empeore ao
actualizarse a unha nova versión, senón tamén porque Apple non é transparente a
este respecto, e no momento de configurar os equipos durante a súa compra
deberÃa advertir do impacto que ten a capacidade de almacenamento na velocidade
de acceso a disco.
VÃdeo no que podemos ver as interioridades do Mac mini con M2