Asaltan YouTube aproveitando un fallo de seguridade

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Durante a pasada fin de semana un grupo de usuarios da popular comunidade 4chan declaráronlle a guerra a YouTube, e aproveitaron unha vulnerabilidade no sistema de comentarios da web de vídeos de Google para inxectar un código que abría mensaxes emerxentes anunciando o fallo de seguridade de YouTube e remitindo ao usuario a páxinas web pornográficas e con malware.
Tras detectar o ataque, dende Google decidiron desactivar os comentarios en YouTube, e nunhas 2 horas corrixiron o bug que prexudicou especialmente ao cantante pop adolescente Justin Bieber, pois os seus vídeos foron a principal vítima deste ataque.