Asaltan a tenda do Premium Reseller de Apple en Compostela
xoves, 29 de maio do 2025
- Imaxe do exterior do establecemento compartida en redes sociais
A tenda de AS Computer en Santiago de Compostela, reinaugurada en 2012 na Avenida de Barcelona, padeceu esta semana un asalto nocturno no que catro ladróns conseguiron rachar o cristal blindado que protexe o local cun grande mazo, para asà poder acceder ao interior e, nun par de minutos, facerse cun botÃn composto por teléfonos, tabletas, reloxos e accesorios de produtos da marca Apple valorados en máis de 30 mil euros. O roubo está a ser investigado pola PolicÃa Nacional.
Cómpre lembrar que este tipo de atracos provocan un dano moi elevado nas vÃtimas, pero supoñen un beneficio moi cativos para os asaltantes, xa que a meirande parte dos produtos contan con sistemas de protección contra o roubo, de xeito que, por exemplo, un iPhone roubado deste xeito, non pode venderse como novo, xa que non será posible facer un uso efectivo do mesmo, polo que o normal é que se venda por pezas, o que reduce radicalmente o seu valor económico.
- AS Computer é o Power Reseller de Apple en Santiago de Compostela