Asphalt Extreme chega a iOS, Android e Windows
venres, 4 de novembro do 2016
Nos últimos anos a franquía de xogos de condución Asphalt
foi gañando peso entre os dispositivos móbiles, pero dende hai varias versións
estes lanzamentos chegan máis aló e tamén están dispoñibles a través da tenda
de aplicacións de Windows, de xeito que tamén é posible gozar destes títulos en
ordenadores persoais, chegando así a un público moi amplo. O último xogo desta
serie é Asphalt Extreme, que xa podemos descargar
de balde da App Store, Google
Play e a
tenda de Windows, e ofrece a posibilidade de competir a catro rodas a
través de territorios inexplorados contando con 35 máquinas monstrosas
personalizables de 7 tipos diferentes (con matices de seu) e incluso de marcas
importantes.
Asphalt Extreme permite enfrontar até
a 8 xogadores en liña en tempo real, conta con 5 modos de xogo, máis de 400
eventos en modo historia, máis de 500 desafíos de mestría, eventos de tempo
limitado e moitas outras novidades que procurarán manter este xogo vivo e así
tamén animar aos xogadores a pasar por caixa (xa que estamos ante un xogo con
compras integradas dentro da aplicación).
Tráiler de lanzamento de Asphalt Extreme