Assassin’s Creed 2 para PC só funcionará con acceso á Rede

xoves, 18 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

As protección anti-copia nos videoxogos son unha medida moi criticada no pasado por supor en moitos casos unha molestia para o usuario legal, mentres que as persoas que piratean os xogos non atopan ningún atranco no uso dos xogos. Pois agora Ubisoft va levar o asunto a un novo nivel, pois a versión para PC de Assassin’s Creed 2 contará cun novo sistema DRM que precisará que o ordenador que o execute conte con acceso á Internet a cada momento, de xeito que de perderse a conexión o xogo detense e volve ao menú principal sen gardar os avances dende a última gravación do estado do xogo.
Estas medidas veñen de ser confirmadas dende PC Gamer Blog, onde xa probaron unha copia do título para o seu análise, e manifestaron a súa preocupación ante as molestias que pode ocasionar a caída da conexión á Rede durante unha partida ou o feito de que é imposible xogar sen conexión á Internet.
A única vantaxe do novo sistema sería que ofrece a posibilidade de almacenar as partidas en liña, o que agradecerá quen xogue dende varios equipos.

PUBLICIDADE